CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Lapeña: "É cedo, pero chamade da Galega a falta dun mes e apostamos polo ascenso... o que sexa"

23/09/2021 - 15:33 h

Hoxe tiveron un convidado de luxo en Zona mixta, o defensa do Deportivo, Adrián Lapeña, para falar do inicio espectacular a nivel individual e colectivo dos branquiazuis: "Hoxe adestreime como lateral dereito, pero sempre estou disposto ao que pida o míster sobre a posición que ocupo no campo. Sempre proba cousas e somos moitos xogadores. Estou xogando máis de central, pero acabei algún partido no lateral, non teño problema en facelo nesa posición, estou ao que diga o míster"

E sobre Borja Jiménez, confirmou entre risos que xa pagara a comida despois do tanto que el mesmo marcou en xogada ensaiada: "Logo do meu gol, teño que dicir que Borja estirouse... e invitou.

E poñéndose máis serio comentou os problemas económicos do club e a marcha dun Celso Borges do que entende o cariño que lle ten todo o mundo: "O que o fai especial é a súa humildade. A min tratoume nuns días como se me coñecese desde hai cinco anos. Agora que me preguntas polo tema económico, nin o esperaba. O tema do ere comentóusenos no seu día, pero é pasado e non nos afecta para nada, creo que o estamos demostrando sobre o terreo de xogo"

Centrouse logo na competición, a súa dificultade e as particularidades desta 1ªRFEF: "É unha liga longa e hai que gañar nestes terreos tamén. Estamos dando a talla fóra, e espero que siga sendo así. A nosa liña é a da xenerosidade entre todos e por iso gañamos os 4 partidos seguidos. Non é doado. Hai cousas a mellorar, non vai ser un camiño de rosas, ao final todos os partidos son a cara de can. Hai que facerse fortes na casa, e puntuar fóra. Sufrir é a nosa filosofía. Ian Mackay dános unha tranquilidade brutal, por algo foi o mellor porteiro da tempada pasada na Segunda División. É como Dituro, un especialista tamén en salvar puntos"

Pero foi cauto en apostar polo ascenso: "É moi cedo para apostar, pero o que sexa para ascender, chamádeme da Radio Galega un mes antes. Chamade a falta dun mes de que acabe a Liga e apostamos o que queirades, oxalá que me teñades que chamar... Polo ascenso... o que sexa"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso