CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Ismael Falcón: "O Celta non parecía un equipo en pretemporada"

23/07/2021 - 15:06 h

O Celta disputou esta mañán o seu primeiro amigable da pretemporada. Foi en Marbella ante o Atlético Sanluqueño e rematou con vitoria celeste por tres tantos a cero con goles de Mina, Brais e Iago Aspas. Na portería do cadro andaluz estivo o ex porteiro céltico Ismael Facón que valorou na "Zona Mixta" a estrea deste Celta 2021-22: "É un equipo con moitísima calidade, con xogadores de talla mundial de medio campo para adiante. Non parecía un equipo en pretemporada tanto polos mecanismos defensivos como polo seu xogo ofensivo. Sempre é un pracer atoparse con ex compañeiros coma Hugo Mallo ou Iago Aspas"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso