CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Toscana Aviar, a nutricionista do Athletic, opina sobre a alimentación no caso Pione Sixto

23/05/2019 - 15:06 h

Toscana Aviar é farmacéutica e nutricionista do Athletic Club de Bilbao e do Bilbao Basket.

O xogador do Celta Pione Sixto publicou en redes sociais que estaba a seguir unha dieta de 21 días só con froita. Toscana deixou claro que "os futbolistas profesionais necesitan enerxía cunha dieta completa e equilibrada, e non restritiva".

"Estar 21 días a base de froita é imcompatible co rendemento en competición".

A especialista di que "o malo é ser extremista na alimentación, xa que é máis fácil que conduza a déficits alimentarios". E máis no caso dos deportistas profesionais, e só con froita. "Non hai inxesta proteica, e as grasas son necesarias e moi beneficiosas, e en moitos aspectos, no deporte".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí