CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Carlos Arévalo: "Por sorte, o remolque soltouse de golpe, puido ser unha traxedia moi grande se nos arrastra"

23/02/2021 - 15:38 h

Mirade como quedou a piragua do equipo español dos XX. OO. En 'Zona mixta' falaron cun dos galegos que o conforman, Carlos Arévalo, dese susto e das consecuencias con vistas a Toquio.

Así relataba o padexeiro o susto que levaron: "Miguel García tivo que dar uns volantazos para controlar o coche, menos mal que non había tráfico. As embarcacións quedaron moi estragadas. Por sorte, o remolque soltouse de golpe, puido ser unha traxedia moi grande se nos arrastra... iriamos detrás con el. Iamos moi despacio, esa tamén foi unha sorte. Os meus compañeiros que ían pegados ás ventás viron como viña a piragua contra nós".

Sobre o futuro e a fabricación dunha nova embarcación, dicía: "Agora teñen que fabricarnos os barcos en Portugal. Tiñamos moi afinadas as embarcacións, menos mal que tiñan gardadas as medidas e os datos informáticos de cada un de nós. E tamén tivemos sorte de ter aquí embarcación de remuda do k4 para traballar ata que teñamos a nova. Todas estas afinacións fóronse facendo durante anos e, por moitos axustes que gardasen, nunca hai dous barcos iguais. Non sabemos o tempo que tardaremos en ter o novo. Esperemos que non nos afecte para os XX. OO. de Toquio. Tendo o k4 de reserva e os k1 que temos, axuda a seguir tirando"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso