Zona Mixta
Andrés Senra: “Para o da Casa de Papel ou o de Mpabbé hai que quitarlle horas á vida persoal, pero teñen repercusión”
E no balonmán esta fin de semana comeza a División de Prata masculina. Esta tempada temos tres equipos galegos na segunda categoría: Teucro, Cisne e Novás. E a liga xa arranca cun derbi. No Atlético Novás fixeron unha campaña imaxinativa con Mbappé, que contou en Zona Mixta o seu presidente, Andrés Senra: "Non sei se lle chegou a mensaxe a Mbappé e o está estudando, pero repercusión tivo moita, a verdade, e segue saíndo nos medios. A idea foi mérito de dous amigos dunha axencia de mercadotecnia que o fixeron como favor persoal"
E non era a primeira vez que chamaban a atención dos medios do país: "Cando foi o do vídeo da Casa de Papel quitámoslle tempo á vida persoal, iso non sae da noite á mañá. Pero o certo é que funciona. Chega a patrocinadores, coméntase en varios ámbitos e fai ilusión á xente do club e os afeccionados. E o mediático tamén, por suposto. Benvido sexa o retorno"