CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A Pantin Classic terá dous escenarios: Valdoviño e Ferrol

22/05/2019 - 15:40 h

Novidades nunha das citas clásicas do deporte galego. A edición deste verán da Pantín Classic terá dous escenarios: Valdoviño, como sempre, pero tamén a praia de Doniños en Ferrol. O máximo responsable da organización, Marcos Rodríguez, explícanos que a Liga Mundial de Surf, a entidade que ampara as probas de máxima categoría deste deporte, esixe que a competición conte con dúas localizacións, para decidir onde surfear en función do vento. Por iso, e polo apoio que lles presta o Concello de Ferrol, a Classic poderá trasladar alí parte das súas actividades. "Nós pensamos nos deportistas -asegura Rodríguez-. Levamos 32 anos en Pantín e nunca dixemos que imos marchar de alí. Van ser dous escenarios semellantes". A proba, con isto, tamén cambiaría o seu nome: a proposta, xa que conta coa subvención da Xunta polo Xacobeo, é que se chame oficialmente Galicia Pro Surf 2019-2020.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí