CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Patr(iple) Cabrera supera as 500 triplas: "Cando me chega a pelota, non o penso e tiro. Lino non me rifa se erro"

21/11/2019 - 15:40 h

A xogadora do Uni Ferrol pasou polos micros da Radio Galega logo de superar a marca das 500 triplas.

"Son pequena e xa estou afeita a xogar desde fóra da liña das triplas. Non me vou meter coas pivotes. A min, como se poñen a liña medio metro máis para atrás, vou seguir tirando triplas, que é o meu".

Patri: "Eu cando teño a oportunidade de tirar, tiro de tres. Recoñezo que a min é difícil defenderme. Eu nesa faceta mellorei nos últimos anos, pero a defensa non é o máis destacado no meu xogo, está claro".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí