Zona Mixta
Noelia Sánchez regresa ao voleibol: "Apareceron todas as dores de súpeto, xa esquecera que tiña un menisco roto"
Noelia Sánchez foino todo no mundo do voleibol. Retirouse hai dous anos cun título (un máis) co Menorca e agora sorprendeu a todos volvendo ao club de Monforte, o Korbis: "Mordía as unllas vendo os streaming das miñas excompañeiras... Houbo chamadas durante este tempo, pero xa tomara a decisión de deixar o volei profesional"
Sorprende, en todo caso, ver unha xogadora como ela na 1ª Autonómica: "A algunhas das miñas compañeiras dixéronlles, que morro lle botades! Que abusonas, ter a Noelia con vós!!! Pero eu creo que non, sería abuso se volvese despois do Menorca. Son moi profesional, case 'rusa' no tema disciplinario"
A pesar de todo, a súa vida é tranquila e toma con calma o regreso ás pistas para gozar: "Teño unha vida relaxada. Gozo moito na aldea, esta mañá fun apañar castañas... Son adestradora persoal e quiromasaxista a domicilio. Vou compaxinando ser autónoma e agora teño as findes ocupadas co volei. Decidín retirarme do volei profesional hai dous anos e cun trofeo xogando unha final. Nunca podes dicir que é para sempre, pero os 40 están aí e cando volvín apareceron todas as dores de súpeto, xa esquecera que tiña un menisco roto"