CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Xisela Aranda, a nosa 'Michael Jordan', pasou de heptacampioa de squash a xogar ao fútbol feminino. Contounos por que o fixo

21/10/2019 - 15:43 h

No Zona mixta conversamos cunha muller que decidiu trocar a raqueta de Squash polo balón de fútbol.

Xisela: "Non foi que sentise que chegara ao meu cumio no Squash. Por motivos empresariais xurdiu unha oportunidade de quedar aquí en Tenerife e tamén á vez me presentei a unhas probas para xogar ao fútbol feminino e colléronme".

Contounos que as súas compañeiras -moitas delas con dezanove ou vinte anos- non sabían, igual que o club, que xogara ao squash a nivel mundial.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí