CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Yago Iglesias: "No Dépor todo comeza na planificación do verán, ten un fondo de armario dun nivel altísimo"

21/09/2021 - 15:19 h

No Zona Mixta falaron co ex adestrador do Compostela, Yago Iglesias, sobre toda a actualidade da 1ªRFEF e dos nosos equipos, comezando pola noticia do día, a marcha definitiva de Celso Borges: "Chama a atención no mundo do fútbol o do ERE de Borges. Entendo o cambio de equipo total que fixo o Deportivo. Hai que adaptarse a esta nova categoría. Teñen xogadores con moita experiencia. O pasado hai que deixalo atrás. O comezo do Dépor é inmellorable. Se hai xogadores que falan do sucedido o ano pasado, como Héctor ou Miku,  é porque entenden que este ano hai xogadores que afrontan de xeito diferente a competición. É unha carreira a longo prazo e ascende un directamente"

E sobre o Deportivo, concretou: "Penso que todo comeza no verán, na planificación do cadro dos xogadores. Teñen un gran fondo de armario e agora vese unha capacidade de adaptarse a calquera circunstancia. O traballo do corpo técnico vai nesa liña de flexibilidade e adaptación tamén"

Posibles rivais potentes como os branquiazuis? Yago sinalaba un par deles: "O Badaxoz e o Rácing de Santander están a un nivel parello ao Dépor, pero isto é moi longo. Ter xogadores de renome non asegura nada. Teño fichas de cada equipo, vendo moitos partidos e tirando de Footers e da Televisión de Galicia"

Sobre o Rácing de Ferrol dicía: "Pode estar loitando polo ascenso. É un caso semellante ao Dépor, pero ten moita continuidade respecto ao ano pasado: fichaxes como Manzanara, Castro, Loureiro e seguen algúns importantes e o adestrador. Teñen un par de baixas significativas, pero tamén un gran cadro de xogadores"

O filial celeste pechaba a análise: "O Celta B tivo o peor calendario dos nosos e ademais sen case pretemporada. Deixa xa moi boas sensacións e é un filial, un equipo moi novo. É un equipo moi a ter en conta para poder loitar finalmente polo ascenso"

E para rematar falaba da súa situación persoal: "Boto en falta adestrar, non vou mentir, pero estou aproveitando este tempo para estudar a categoría a fondo"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso