CRTVG

Buscar

Zona Mixta

J. M. Tárraga: "O mercado está parado, pero negociacións sobre renovacións si que se están dando"

21/05/2020 - 15:04 h

No Zona mixta falaron co ex-xogador do Celta, e agora intermediario, José Manuel Tárraga para coñecer as repercusións que está a ter a crise do coronavirus no mercado de futbolistas.

Tárraga afirmou que agora mesmo case ningún club está pensando en fichaxes, pero dixo que si hai conversas para posibles renovacións. Ao preguntarlle pola continuidade no R. C. Celta de xogadores como Brais Méndez e Iker Losada, dous dos que representa como axente, afirmou:

Oxalá, iso sería indicativo de que todo funciona ben. É a súa casa e senten as cores

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso