CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O axente do 'Touro': "Non teño dúbidas de que se incorporará ao Celta"

21/05/2019 - 15:05 h

A súa situación xudicial está complicando os pasos de Gabriel Fernández, o que vai ser o primeiro reforzo do Celta para a próxima temporada. Non puido saír do Uruguai para xogar un partido co Peñarol porque ten retido o seu pasaporte, tras o accidente de tráfico en que deixou malferida unha muller.

Para aclarar o seu estado falamos co seu axente, Flavio Perchmann, que está convencido de que o 7 de xullo lle levantarán as medidas cautelares: "Supoñemos que vai quedar liberado e que se poderá incorporar ao Celta como estaba previsto. Non teño a menor dúbida de que vai ser así".

O axente do 'Touro' explica que van informando ao Celta das novidades: "Falamos de xeito periódico da situación". Engade, ademais, que o dianteiro asinará "por catro temporadas".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí