Zona Mixta
Merino: "Aínda lembro os golpes no peito de Aimar"
Falamos co ex do Celta Miguel Merino antes dos partidos contra a Real Sociedad e o Osasuna. O seu fillo, o internacional Mikel Merino, é unha das figuras da Real, pero está mancado; el, o pai, xogou no Osasuna antes de chegar ao Celta do arxentino Carlos Aimar: "Aínda teño marcado un crucifixo", di con humor Merino lembrando aquelas palmadas no peito, o particular xesto de motivación de Aimar, "daquela era sorprendente, pero, parecerá unha parvada, a verdade é que saías co peito a cen".
Agora, Merino di que con outro arxentino, Coudet, o Celta mellorou moito "a nivel psicolóxico" e que é un equipo "valente". Destaca a Denis Suárez, a Brais e en especial a Iago Aspas, a quen recoñece que levaría á selección.