CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Preparamos o Dépor-Mallorca con Marchena e Domínguez, protagonistas do último ascenso

20/06/2019 - 15:07 h

Os dous estaban no equipo que subía a Primeira hai cinco temporadas. O galego Juan Domínguez, ex do Dépor e do Mallorca, estivo hoxe na Coruña cos seus amigos do conxunto balear. "Son un bo grupo, solidario. Por aí teñen a forza", cóntanos e engade que, dende o seu punto de vista, "o básico para o Deportivo é non encaixar". Tamén falamos en directo con Carlos Marchena, o autor do gol naquel último ascenso. O sevillano cre que a eliminatoria está moi equilibrada pero confía en que Riazor vai "motivar" aos futbolistas do Dépor.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí