CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Francisco Martínez, director da empresa de hixienización no R. C. Celta: "O risco tras a desinfección é cero"

20/05/2020 - 15:09 h

No Zona mixta falamos con Francisco Martínez, da empresa Plagoo, que se encarga de desinfectar as instalacións do R. C. Celta:

"Desinfectamos os espazos pechados e tamén os de uso diario: balóns, botoneiras, portas, superficies... Facémolo todos os días segundo o plan de traballo do equipo".

F. Martínez tamén nos explicou unha característica especial que se dará cando volva o fútbol competitivo: "Os plans de desinfeccións acentúanse segundo o uso, cando volva o fútbol, por exemplo. O risco será por partida dobre cando veña un equipo visitante: o externo doutra comunidade, e polos medios de comunicación: O ozono non ten eficacia demostrada, usamos virucidas".

E cal é o risco? Pois como en todo, haino, pero tralo proceso, é cercano ao cero: "Despois do noso traballo, o risco de contaxio nas instalacións é CERO. O problema é que se volve contaminar cando hai unha persoa contaxiada e os produtos non teñen duración temporal ata que se volve facer a hixienización. Polo tanto a desinfección é garante importante e debe ser recursiva".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso