Zona Mixta
O representante de Tello asegura que o Celta non preguntou polo xogador
Cristian Tello é un dos nomes que máis soou nas últimas horas como posible reforzo para o Celta. Na Radio Galega puidemos falar co seu axente, que nega de xeito tallante que o club vigués os chamase a el ou ao Betis para interesarse pola súa fichaxe.
O representante de Tello advirte de que o salario do xogador é moi alto e cre que debería aceptar algunha das ofertas que ten do estranxeiro.