CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A Peña Azagresa, disposta a reformar o campo e tirar un muro para xogar co Celta na Copa

18/11/2019 - 15:20 h

Conversamos con Goyo Regaira, presidente da Peña Azagresa para que nos contase como tomaron a sorte no sorteo de Copa que lles deparou o emparellamento diante o R. C. Celta.

Goyo Regaira: "Estamos encantados con esta eliminatoria. Gustaríanos que viñesen os mellores xogadores de elite do Celta: Sergio, Iago Aspas, Rafinha...".

Goyo Regaira: "Temos un muro arredor do campo, se a prohibición para xogar aquí é esa, botamos abaixo o muro, non hai problema. Aquí somos ben farrucos. Creo que acabaremos xogando aquí. Se finalmente a Federación non nos deixa xogar en Azagra, igual podemos xogar en Calahorra".

Goyo Regaira: "Somos amateurs e xogamos contra profesionais. A parte económica é fantástica, pero a emocional aínda máis. Isto é un soño feito realidade".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí