CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O Celta probará con Aspas un tratamento innovador que pode reducir á metade o tempo de recuperación

18/02/2019 - 15:04 h

O xefe dos servizos médicos do Celta, o doutor Juan José Cota, revela en Zona Mixta que o club vai ensaiar con Iago Aspas unha técnica que ata agora nunca se lle aplicara a ningún outro xogador da entidade.

"Posiblemente fagamos un tratamento innovador -explica Cota- que diminúa os tempos de recuperación".

Aspas recaeu da súa rotura fibrilar no xemelgo e, segundo Cota, un problema así "nunca é menos de catro a seis semanas", pero este novo tratamento "teoricamente reduce a recuperación á metade". A decisión, probablemente, vaise tomar o martes: "Non é de práctica habitual -conta o doutor- pero si se ten feito noutros deportistas de alto nivel". 

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso