CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Aspas renova co Celta ata o centenario de 2023

17/04/2019 - 15:02 h

Era a noticia que estaba agardando todo o celtismo. Iago Aspas asina a súa renovación ata 2023. O Celta ata a súa estrela, cando menos, ata o seu centenario. Non se coñecen os detalles do acordo pero todo apunta a que Aspas, que xa era o xogador mellor pagado do club, terá un aumento no seu contrato. O canteirán levaba meses dicindo que quería renovar en Vigo e algunhas fontes din que tiña suculentas ofertas para marchar á China. O seu irmán e representante tamén dixera hai unhas semanas, aquí na Radio Galega, que a renovación era cousa de sentar e arreglar "en tres minutos". O acordo, como dicía este mércores outro canteirán do Celta, o porteiro Rubén Blanco, permitirá "deixar a Aspas tranquilo e que faga os partidos que está facendo esta temporada".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí