CRTVG

Buscar

Zona Mixta

O fillo de Fran debuta en partido oficial co Barça: "Meréceo máis ca ninguén, Nico era talento puro"

16/08/2021 - 15:24 h

Nicolás González, fillo do deportivista Fran, estreouse en partido oficial co FC Barcelona na primeira xornada de Liga. Na Zona Mixta falaron cun dos seus compañeiros, e aínda amigo, do Montañeros da Coruña. Dani Pájaro, esta tempada xogador do Arzúa, cóntanos que Nico "como persoa é un dez" e que "nunca fachendeou de ser o fillo de Fran". Di que como xogador "daba gusto ver os seus partidos, xa se lle vían cousas, tecnicamente era un espectáculo".


De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso