CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Loira propón a Toro como conselleira e a Ramallo como secretario técnico

16/05/2019 - 15:18 h

Son dous nomes de peso no deporte galego. O candidato á presidencia do Deportivo Jesús Martínez Loira presentou este xoves o que sería o seu equipo directivo. Entre os posibles conselleiros ten un ouro olímpico, a regatista Sofía Toro, que di que lle propuxeron "unha idea moi ilusionante" e promete contribuir con "toda a experiencia que teño na xestión de equipos de alto rendenmento". Ademais, á parte do consello de administración, Loira anuncia outra fichaxe: recuperaría a Tito Ramallo, ex adestrador do Fabril, como secretario técnico. Ramallo fala de poñer a estructura deportiva "á orde do director deportivo" e pide "aglutinar forzas" á marxe dos resultados.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí