CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Analizamos con Emilio Larraz e Jesús Ramos a "tremendamente igualada" nova 2ªB

15/09/2020 - 15:04 h

Pasaron pola Zona Mixta da Radio Galega os adestradores dos equipos galegos que se enfrontan na primeira xornada da nova 2ªB, Emilio Larraz e Jesús Ramos debullaron unha competición moi complicada e esixente.

Emilio Larraz: "Veremos co tempo se este formato é mellor do que había. Vai ser unha tempada complicadísima. Ascenden 4 e descenden 62 equipos"

"Nós vimos con cinco meses sen traballo de pretemporada. Non podemos facer un precampionato típico ou en progresión. O que deixe puntos desde as primeiras xornadas vaino ter moi complicado"

Tamén falou do complicado de ser dos elixidos: "Estar entre os tres primeiros non vai sinxelo. O noso obxectivo futuro é chegar a Segunda, paso a paso. A fase de ascenso como está ten a súa explicación, por acurtar prazos. Teño máis dúbidas da xustiza do arrastre dos puntos á segunda fase desde grupos dispares. O noso grupo é dos 'caros', no grupo 2 hai oito proxectos de ascenso, e noutros non hai nin favoritos a pasar á Primeira RFEF. A cercanía é lóxica e ten as súas cousas boas, pero o arrastre de puntos non o é tanto, para o meu punto de vista"

Canto o seu rival, o Pontevedra, afirmou que "fixo un gran equipo" e sobre se haberá grandes candidatos: "Favoritos en 2B en dezaoito partidos? Non o vexo, haberá sorpresas e moita igualdade"

Canto a Jesús Ramos, adestrador do Pontevedra, coincidiu na dificultade do sistema de competición: "Nestes partidos pódeche pintar a cara calquera equipo, chámese Guijuelo, Deportivo... Para o afeccionado este formato pode ser máis atractivo en 18 xornadas e logo play off en sede única, tipo Champions, iso si"

Sobre a prepraración cara esta tempada, afirmou: "Esta é a nosa cuarta semana de traballo para absorber o novo modelo de xogo. Necesitamos acoplar as pezas o máis rápido posible para este primeiro partido contra o Rácing, dábame igual que sexa na Malata, temos tantos partidos seguidos e importantes... Vai haber campos de céspede natural, pero tamén artificial, moitas variables e moitas dificultades para todos"

E os dous adestradores falaron finalmente da configuración das súas plantillas e os satisfeitos que están co que teñen:

Larraz: "Temos os xogadores que podemos ter. Non teño queixa"

Ramos: "Tivemos bastante tempo para observar e contratar. Satisfeito tamén"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso