CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Aspas: "A temporada é un fracaso"

15/05/2019 - 15:01 h

Palabra de Aspas. A estrela do Celta recibe no mesmo día dous premios como o mellor xogador do último mes, o mellor do Celta e o mellor de toda a Liga, pero facendo balance é negativo: "Para min a temporada é un fracaso porque non quedamos onde nos propuxemos ao principio", di o de Moaña.

Aspas, que aspira a volver á selección na lista deste venres, cre que fracasaron por "non estar preto da Liga Europa ou polo menos pelexando ata o final". Cre que o Celta sufriu problemas por ter un equipo moi novo e "cambios de adestrador", así que parece que non quere máis.

Pregúntanlle se renovaría a Escribá: "O míster fixo cousas moi, moi boas, conseguiu sacarnos adiante".

Palabra de Aspas, que no Celta conta, e moito.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí