CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Álex López: "Hai algunha opción interesante para volver a España"

15/04/2019 - 15:04 h

Falamos con ferrolán Álex López, ex do Celta, mirando para a nova final do equipo vigués contra o Xirona. O equipo de Eusebio Sacristán é o último en caer na loita pola permanencia en primeira, que está máis apertada ca nunca, con cinco clubes en só tres puntos.

Eusebio foi o técnico que lle deu a López a alternativa no primeiro equipo cando estaba en Vigo, igual que impulsou a xogadores como Aspas ou Mallo, os mesmos que agora lle poden causar problemas.

"No fútbol galego hai xente con talento -asegura López, que esta temporada xoga en Australia-, o único que falta é que se aposte por eles".

Pola súa parte, o ferrolán está pensando en volver. De feito, xa manexa algunha "oferta": "Hai algunha opción interesante para volver a España ou a Europa, a algunha liga competitiva".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí