CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Luis Enrique deixa a selección sen galegos dous anos despois

15/03/2019 - 15:25 h

Non están Aspas nin Lucas Vázquez, que están mancados, pero tampouco repiten Brais ou Jonny. Ningún xogador galego ou de equipos galegos entrou na lista que deu a coñecer o seleccionador para os primeiros partidos de clasificación para a Eurocopa de 2020.

España vaise enfrontar a Noruega e a Malta cun equipo moi renovado, en que só sobreviven algúns pesos pesados como Ramos ou Busquets e no que aparecen nomes como Fabián, Jaime Mata ou Muníain.

Luis Enrique non quere falar de "revolución": "Evolución, imos evolucionar -di-. A competencia está aí. A min encántame ese sentimento de veño á selección a dalo todo porque quero continuar".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí