CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Josu e Dani Portela, amigos e rivais no derbi do Couto: "Estamos a favor de unir os dous clubes, egos fóra"

14/02/2020 - 15:39 h

Na previa do derbi de Ourense reunimos a Josu e Dani Portela, amigos e rivais o sábado no Couto. Ambos os dous, que coincidiron no desaparecido CD Ourense, apostan por reunifircar os clubes.

Dani Portela: "Desde os anos no CD Ourense levamos moito xogando, tamén no @SD_Compostela un par de anos" Josu: "Perdemos un pouco o contacto, pero nunca o respecto" Josu: "pola miña parte non hai rivalidade, desexo o mellor para o @Ourense_CF e que ascendan. Iso si, despois deste partido"

Dani Portela: "é certo que a afección de @UDOurense2014 se considera máis de aquí, porque nós estamos ao outro lado do río, pero creo que os dous representamos á cidade" Josu: "A derrota na primeira volta doeu, sobre todo para un defensa como son eu"

Dani: "Creo que temos un equipo novo e con ambición. Viñeron xogadores de canteira e hai varios que destacan moito. Son un pouco o pai para eles pola miña veteranía. Pediume o corpo técnico que actuase un pouco deste xeito respecto dos rapaces" Josu: "eu son máis de cachondeo con eles, que xa son maiorciños"

Josu: "A min dáme igual xogar os dous no Couto, pero é certo que é un campo que non estivo nunca moi ben e o machucamos entre os dous cada domingo, pero por xogar non teño ningún problema" Dani: "Concordo en que cantos máis equipos poidesen xogar, mellor, pero o campo está mal"

Josu: "Estou a favor de xuntar os dous equpos, mirade o Lugo onde está, pero está o ego das persoas que o fode todo" Dani: "Nesta situación é máis complicado que cando estabamos no CD Ourense, pero unir forzas está claro que sería o mellor"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí