CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Jordi Adroher: "O meu truco favorito para tirar os penaltis? Mellor non contalo, non?"

13/09/2021 - 15:51 h

Por 'Zona mixta' pasou un mago. Adroher esconde a bóla de xeito único na pista e contribuíu ao título número 44 en 50 anos de historia do Hóckey Club Liceo. Con tres goles acabou sendo decisivo para a vitoria 3-2 na Eurocopa diante o todopoderoso Barcelona: "Celebramos o título, non se fai todos os días, non era para menos. Gañarlle a un Barça como este ten moita dificultade e aínda é para estar máis orgullos"

E sabemos que os magos non desvelan os seus trucos, pero intentar, intentouse: "Teño estudado o que facer dependendo do porteiro que teño diante. Ensaiamos estas xogadas dúas ou tres veces á semana. A saber os penaltis que teño adestrados xa. Eu dedico cada semana uns minutos ao final do adestramento, uns 10-15 minutos, así que media horiña á semana dedícolla. O meu truco favorito non o vou desvelar, mellor así... O meu disparo non é moi forte, marcar desde o medio campo é moi complicado"

E cuestionado por se trocaría a Copa ou esta Supercopa polo título de Liga, dándolle a volta ao que ocorreu o ano pasado, non se amosa conformista: "Xa temos a Supercopa, a Liga? Non cambiamos a Copa nin este título pola competición da regularidade"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso