CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Mouriño: "Mirando á cara a Denis dixémoslle que trouxese unha oferta e marchase"

13/08/2021 - 15:01 h

Dous días antes de iniciar unha nova Liga, o presidente do Celta aviva o conflito interno con Denis Suárez polos negocios da súa axencia de representación con rapaces da canteira celeste. Mouriño di que, se segue coa mesma axencia, Denis non renovará cando remate contrato en 2023, e que a última tempada a pasaría na bancada.

Analizamos a situación e os efectos que pode ter no ambiente e no rendemento do Celta na competición.

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso