CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Siro López, deportivista e madridista, fálanos do Celta no #DíaDaRadio: "Hai que dicir de que equipo es, ser honesto. A obxectividade non existe"

13/02/2020 - 15:02 h

Conversa con @SiroLopez, recoñecido madridista, diante do partido co @RcCelta. Falamos tamén do xornalismo deportivo e o seu futuro, do derbi galego, do Dépor...

"Estaba convencido de que o Celta ía ser o equipo revelación desta liga. Estou un pouco decepcionado. Creo que os xogadores non eran os axeitados ao adestrador que tiña. Non é o mellor momento para visitar o Bernabeu para os celestes tampouco".

"Eu sempre fun do Dépor e do Madrid, e polo meu nacemento, do Lugo. Sempre lle tiven cariño ao Celta ata o famoso partido co Dépor e o cántico de 'A Segunda oee' que me decepcionou".

"A radio é tan potente que se reinicia, como o resto dos medios de comunicación, que se reinventa. Agora a radio no eido deportivo é moito máis coral. Antes era moi personalista. E as audiencias dan a razón, non só na escoita directa, senón nos podcast".

"Oxalá haxa derbi galego en Primeira para o ano. O @RCDeportivo teno complicado, máis ca o @RCCelta. A psicoloxía é moi importante, semellaba que aos xogadores dos dous equipos lles esquecera xogar ao fútbol. Mirade como estaban os dous equipos hai mes e medio".

"Se o Dépor se mete en promoción, ao final acaba subindo, estou convencido. Pero xa digo, máis doado que o Celta saia do descenso que o Dépor se meta en 'playoff'. O adestrador actual,

adáptase mellor ao equipo que ten"

 

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí