CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Galicia acolle por vez primeira 'a carreira máis dura do mundo': "Dende a primeira noite pensas: 'Quen me mandou meterme nisto?'"

12/08/2021 - 15:46 h

Galicia vai ser o escenario da final das series mundiais de carreiras de aventura, o Raid Gallaecia, unha mestura de sendeirismo, ciclismo de montaña, piragüismo ou espeleoloxía que definen como a proba 'máis dura do mundo'. 630 km que percorren tres provincias, sen paradas establecidas e nun máximo de sete días completos.

Falamos co seu organizador, Pablo López, e cun dos participantes, Marcos Muíño. Os dous saben da dureza extrema que supón esta proba, pero din que "é un vicio que engancha".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso