CRTVG

Buscar

Zona Mixta

A subcampioa de Europa de culturismo natural: "Si, o meu é un deporte"

12/06/2019 - 15:39 h

"É unha boa pregunta", recoñece, pero María Vázquez Cabana ten claro que o seu é un deporte. Practica o culturismo natural, a especialidade en que está prohibido o uso de substancias que axuden a modelar o corpo de xeito artificial. No seu caso, todo é froito do adestramento, ás veces sete días por semana, e dunha dieta esixente. "Non podo comer aguacate", cóntanos.

Cabana conseguiu en Manchester a prata no campionato de Europa. Di que se sente feliz de conseguir un obxectivo polo que traballa dende hai anos aínda que se trate, nesta modalidade, dun obxectivo "puramente estético".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí