CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Delio Fernández ten que buscar equipo tras a desaparición do Delko: "Teño 35 anos, pero creo que aínda podo seguir no pelotón"

11/10/2021 - 15:47 h

A noticia chegaba este luns dende Francia: o equipo ciclista Delko anuncia a súa desaparición a final desta tempada. Alí leva seis anos correndo o galego Delio Fernández, que pasou pola Zona mixta para explicar a situación: "Eu recibín hoxe o correo electrónico coa notificación. Os problemas comezaran en abril e maio, os salarios e todos os pagamentos seguiron ao día, pero houbo recortes. Sabiamos que estaba buscando algunha saída pero ao final non chegou -conta o de Moaña-. Un sempre tiña unha esperanza de que o equipo atopase unha solución viable", explica Delio, que di que aínda ten asinado un ano de contrato co Delko: "Espero chegar a un acordo e logo buscar outro equipo, a día de hoxe teño contrato en vigor e, polo momento, non falei con ninguén".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso