Zona Mixta
Rubén Albés renova unha tempada polo Lugo, como anunciou este mércores a Radio Galega
Rubén Albés renova no Club Deportivo Lugo. Como adiantou 'Zona mixta' na Radio Galega hai dous días, o acordo estaba pechado e hoxe, a última hora da mañá, fíxose oficial.
No programa debullaron todos os detalles e tamén puidemos escoitar a conferencia de prensa de presentación do novo director deportivo, Mauro Pérez, presentado polo presidente, Tino Saqués. con detalles importantes sobre límites salariais, continuidade dos dous capitáns Pita e Seoane... e máis.