CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Justo: "Subiu moito a cotización dos xogadores, a ver se os podemos reter"

11/06/2019 - 15:31 h

Fran Justo renova como adestrador do Ourense despois de asinar unha segunda volta espectacular na terceira. Os da Ponte quedaron á beira da eliminatoria e iso non pasou desapercibido. O técnico cóntanos que tivo varias ofertas, "algunha de fóra de Galicia" e agora a súa preocupación é manter o nivel do equipo porque tamén "subiu a cotización" dos xogadores, "a ver se somos capaces de retelos", di.

Justo espera repetir unha temporada igual de boa, pero advirte de que no Ourense C. F. todos son conscientes de que se trata dun club "humilde".

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí