Zona Mixta
Vero Boquete: "O presuposto do Barça feminino é accesible para calquera outro club"
Conversamos con Verónica Boquete antes do Dépor-Valencia de Copa, a estrea das coruñesas nun partido oficial en Riazor.
A xogadora de Santiago ve ao Dépor favorito. Fala tamén da superioridade do Barça no fútbol feminino español e cre que aos outros grandes clubs lles falta interese por estar ao seu nivel.
Cóntanos, ademais, que dentro duns días regresa á liga dos EUA e que ve difícil volver ao fútbol español mentres non melloren as condicións e se asine, por exemplo, un convenio.