CRTVG

Buscar

Zona Mixta

As peñas de Lugo abren un bar para verse cos seus xogadores

11/02/2019 - 15:22 h

Se os peñistas non atopan un bar, que o bar atope aos peñistas. Iso pensaron dende a Federación de Peñas do C. D. Lugo. Non daban cun lugar axeitado preto do Anxo Carro para xuntarse antes dos partidos, así que decidiron alugar o bar do Pazo de Feiras. Estreárono esta fin de semana coa visita do Zaragoza e foi un éxito. Tiraron moitas cervexas, pero buscan algo máis: "Queremos que sexa un punto onde os xogadores, o corpo técnico e os afeccionados poidan ter contacto", cóntanos Román Sánchez, coordinador da Federación de Peñas. E fala de facer "terceiros tempos" cos futbolistas, que pasen por alí despois dos partidos. 

Este sábado xa estivo no bar Luis Ruiz, que non xogaba porque estaba mancado, e os peñistas ven "predisposición favorable" do Lugo para que "xogadores e afeccionados interactúen máis". A próxima oportunidade, o domingo 24 co partido do Elxe.

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí