Zona Mixta
Traba: "Ou nos armamos de paciencia cun camiño claro ou estaremos nas de sempre: 2 ou 3 adestradores dentro dun tempo"
Foi a nova do día. O Deportivo decidiu cesar a Fernando Vázquez como inquilino do banco coruñés. En Zona mixta analizárono da man de Xosé Manuel Traba e Javi Torres.
Traba afirmou que o carácter de Vázquez nestes últimos tempos e as saídas de ton que provocaron expulsións e sancións influíron moito no cesamento por parte do Consello de Administración: "Pois logo non o coñecían ben, porque Fernando sempre foi así".
Javi Torres comentaba que Rubén de la Barrera é case un segredo a voces na Coruña como candidato para o banco do R. C. Deportivo e Traba preguntaba en alto: "E hai un estilo de xogo e uns xogadores axeitados para este adestrador? A directiva ten unha idea de ao que queren xogar e quen debe dirixir?".
Para acabar con contundencia: "Ou nos armamos de paciencia e temos un camiño claro ou imos estar nas de sempre: tres ou catro adestradores dentro dun tempo. O que se pide na Coruña é ter paciencia e planificar un futuro. Andaremos ás voltas co mesmo de sempre".