Zona Mixta
Currás, novo presidente da UD Ourense: "O rumbo xa está marcado. Todo o que sexa afastarse da esencia sería incorrecto”
Fernando Currás, que cambiou banco por despacho na UD Ourense pasou por 'Zona mixta'para nos contar cales son os plans inmediatos para o club: "Non son moito de gravatas, ocupoume pouco espazo na cabeza a preocupación neste tema cando decidín dar este paso, o que menos. O rumbo da Unión Deportiva Ourense está marcado, somos un club marabilloso que non ten que mira aos lados, senón a nós mesmos. Os debates xéranse fóra do club e iso demostra a nosa importancia. Creo que nos estabamos afastando da nosa esencia. Temos que ter unha identidade propia, aínda que sexa romántico, hai que facelo visible, é un sentimento de orgullo"
E para levar a cabo este plan necesítanse alicerces firmes: "Temos que xerar recursos, socios, canteira, para non ter problemas deportivamente. Aí está o crecemento. Temos que ser ambiciosos, este modelo é real e o valor dos éxitos no campo vaise multiplicar por mil. Somos capital de provincia, pero á hora da verdade logo hai que levalo a cabo á realidade. O da fusión desde o meu punto de vista xa se falou hai tempo e con claridade, non necesita máis explicacións"