Zona Mixta
Gustavo Nieves acada a súa quinta clasificación paralímpica coas novas zapatillas 'máxicas': "Hai un antes e un despois"
Falamos co atleta Gustavo Nieves despois de conseguir a clasificación para o maratón de Toquio, nos que serán os seus quintos Xogos Paralímpicos.
Nieves, discapacitado visual, logrou a marca no maratón de Valencia, unha proba na que se rebaixaron varios récords, nacionais e do mundo.
"Estamos nunha nova era -confirma o corredor galego-. O rendemento está aí, só hai que ver que non é un caso puntual. Todos os atletas están mellorando as súas marcas en maratón un par de minutos".
Nieves cre que as novas zapatillas chegaron para quedar: "É igual que os coches, que melloran as súas prestacións con novos materiais".