CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Javi Fontán: "Meu irmán xoga pouco polo momento, pero só estar aí é un premio. Todos soñamos con adestrar con Iago"

07/04/2021 - 15:09 h

Jose Fontán podería volver a xogar co Celta esta semana. E para coñecelo máis polo miúdo por 'Zona mixta' pasou o seu irmán xemelgo: Javi Fontán, nunha familia que respira celtismo. O xogador do Arousa dicíanos:  "Quitando meus pais, son o que máis coñezo a Jose. Pola rúa a xente aínda nos confunde, fóra dos amigos ata os profesores... pero non fixemos maldades nos exames, eh. Sempre fomos das mesmas notas tamén e non fixemos trasnadas. Na nosa familia a finde é de temática monótona: non só xogamos ao fútbol os tres, senón que nos encanta. A miña nai di que está farta de tanto fútbol"

Só é maior por uns minutos, pero ten ascendencia sobre os eu irmán: "Eu aconséllolle sempre que siga demostrando nos adestramentos por que chegou ata aí. Ten a cabeza ben amoblada. Xa é un premio tremendo adestrarse co Celta, é o que desexariamos todos. Eu estou encantado coa miña situación: estou na casa, o equipo vai ben, a cidade está feliz. Pero José tamén xogue ou non: convivir con Aspas e todos os xogadores do Celta é para estar contento"

Sobre se xogou poucos minutos no filial  desde que se adestra co primeiro equipo, non lle deu importancia: "Se o adestrador considerou que era mellor estar adestrándose co primeiro equipo e non xogar co filial, ten as súas razóns e, por suposto, que o respectamos todos"

E desvelaba un 'secreto' da casa: "Se xogan o Arousa e o Celta á vez, na casa cando pasou, o meu pai tirou por min e ía á Lomba. Igualar o que fixo meu pai está complicado. Nós imos dar todo ata o final. Alcanzar os dous primeiros é moi complicado en quince puntos que quedan, teriamos que remontar 9. Pero teremos opcións de subir de categoría nas eliminatorias"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso