CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Un cento de equipos atravesan Galicia na carreira de orientación máis dura do mundo: "Ata as 40 ou 48h non dormes, normalmente durmimos hora a media ou 2h cada día"

05/10/2021 - 15:51 h

Na 'Zona mixta' falaron cun dos 'superheroes' que esta semana participa no Raid Gallaecia, a considerada final mundial das carreiras extremas de orientación e que por vez primeira se celebra en Galicia. Equipos de varios países teñen unha semana de prazo para cruzar ríos e montañas a pé, en bici ou en piragua.

Pablo Fernández, do equipo Nutrisport, conta que eles xa fixeron 122 km de sendeirismo polo Courel, 80 km de bicicleta de montaña e 90 de kaiak... e nin sequera saben o que lles queda por diante: "As primeiras 24h non se dormen. Nós empezamos cando van 40 ou 48h. O noso lema é que se un no equipo ten sono, ten que se aguantar; cando ten sono o segundo, hai que empezar a xestionalo". "Para gozar dunha cousa destas tenche que gustar sufrir. Agora o 90% da xente ten problemas nas plantas dos pés... Por que o facemos? Tamén ten os seus momentos bonitos e correr unha das carreiras máis duras do mundo en Galicia había que aproveitalo", conta Pablo.


De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso