Zona Mixta
Kery Ruiz: "Entre Orbelín e o Celta está todo pechado, chegará libre en xaneiro por uns 2 M de prima de fichaxe"
Chegou Néstor Araújo, e falando de mexicanos, en Zona mixta quixeron coñecer máis detalles da chegada de Orbelín Pineda ao Celta. Para iso falaron cun dos primeiros mexicanos, senón o primeiro, que adiantou que o acordo entre o club e o xogador mexicano estaba pechado: Kery Ruiz.
"O acordo entre xogador e Celta xa está pechado e é totalmente legal de cara á FIFA. Cruz Azul intentou chegar a un acordo para que o Celta puidese contar antes con Orbelín polo tema da nacionalización de Araújo, pero non se puido dar. Orbelín terá que esperar 6 meses".
Sobre o tema do custo do xogador e as cifras díxonos: "O Celta non lle vai pagar nada a Cruz Azul, pero si unha prima de fichaxe ao xogador e os seus representantes, sobre 2 ou 2,5 millóns de euros. Agás que Cruz Azul ceda agora e poida marchar antes de México se Araújo está nacionalizado. Pero o seu club de procedencia quería 8 millóns, cousa que está fóra de mercado. Un xogador xa con 26 anos e que nunca cruzou o o charco como Orbelín, semella moi difícil. Así é lóxico que Cruz Azul non atopase quen lle pagase eses 8 millóns. O Celta ofreceulle a metade, pero non quixeron".
Tamén nos analizou o xogador e como podería aproveitalo un Chacho Coudet que o coñece ben: "Orbelín vai ser un bo substituto para o cansazo de xogadores como Nolito ou Aspas na segunda parte da tempada".