CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Alassane Sylla, xogador do Arenteiro: “O racismo é cousa de ignorantes... pero no fútbol vai ser complicado que cambie”

05/04/2021 - 15:36 h

No Zona Mixta falaron da polémica da xornada: os supostos insultos de Juan Cala, xogador do Cádiz, a Mouctar Diakhaby, do Valencia. E fixérono con Alassane Sylla, xogador do Arenteiro, que nos contaba se el tamén o sofre: "Xa me pasou en varios partidos, cada 6 ou 7 partidos, cando che sae un partidazo, estás facendo dano ao rival co teu xogo, para descentrarte dinche 'negro de merda' ou 'vaite ao teu puto país'. Se estás quente si que te poden desconcentrar. Depende de cada un. Eu adoito comentarllo ao colexiado, pero se non o escoitan non poden sacar do campo, iso é o que me contestan case sempre. Entón dígolles que estean atentos. Non me pasou o de Diakhaby, o de que os compañeiros quixeran marchar, pero si que algún xogador contrario estea a insultarme e eles dicirllo ao árbitro por min"

Sobre se ve máis racismo no fútbol que noutros deportes, ou que na vida real, foi moi claro: "Eu no fútbol vexo máis racismo ca na vida diaria. O racismo é de xente inorante que pensa que un negro non pode estar en España ou un branco en África. Todos somos iguais. Pero no fútbol vai ser complicado que cambie"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso