CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Luis Vilariño: "Case me gusta máis correr en terra que en asfalto, baixas do coche pensando que es piloto do Mundial"

04/06/2021 - 15:44 h

En 'Zona mixta' falaron con Luis Vilariño antes do Rally da Auga, un rally paradoxalmente da tipoloxía de terra: "O coche ten que saír o domingo para Europa, non podemos ter ningunha desgraza aquí para chegar ao rally. Estamos cuartos no Campionato de España, así que tampouco podo ir co freo de man, sería bonito chegar a coller o terceiro posto"

Falou o galego sobre as diferenzas entre o asfalto e os rallys de terra e as sensacións nun e noutro: "Os rallys de terra como este son arriscados porque podes meter a roda en calquera sitio e quedar fóra. Son tramos bonitos e rápidos, para o espectador ten moitas zonas para poder desfrutar. Non ten nada que ver co asfalto, aquí tes que ir derrapando seguido, frear de lado... No asfalto freas en recto", pero a conclusión que tira da experiencia é, cando menos, sorprendente: "Case me gusta máis correr en terra que en asfalto, baixas do coche pensando que es piloto do Mundial... logo os tempos din o contrario, pero é moi divertido"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso