Zona Mixta
Vidal: "Seguindo en 2ª poderiamos competir, pero a pregunta é: con quen?"
O presidente do Deportivo da Coruña presenta o plan de ampliación de capital como a solución imprescindible para salvar a SAD. Vidal di que o Dépor ten unha débeda de máis de cen millóns de euros e que tería que pagar 98 en doce anos, o que hipotecaría calquera planificación deportiva. Por iso, di que o equipo ten que ascender urxentemente, para asegurar así máis ingresos.