Zona Mixta
Tariku Novales, campión do medio maratón con só 21 anos: "A polémica das zapatillas está inchada, non dan ningunha vantaxe, só protexen dos impactos"
Tariku Novales gañou o domingo en Sagunto o Campionato de España de Media Maratón con 21 anos: "Saín detrás dos africanos, e cando me decatei, ía eu só de primeiro".
O atleta tamén falou da polémica sobre o modelo de zapatillas que empregou: "O tema das zapatillas está inchado, porque non dan maior vantaxe máis aló de evitar o cansazo no tramo final. Protestan por estas e cando hai uns meses outras doutra marca gañaban ninguén dicía nada".