Zona Mixta
Falamos co primeiro club non profesional galego que vai adestrarse: "Vimos o das terrazas e dixemos: por que non?"
Hai certa polémica co Unión Campestre, primeiro club galego non profesional que retoma os adestramentos en todas as categorías.
No Zona mixta estivo o presidente do club, Raúl Vázquez: "Estamos retomando os adestramentos coas máximas garantías. Fixámonos no R. C. Deportivo, salvando as distancias".
Falounos da inspiración para levar a cabo esta acción: "Cando vimos o tema das terrazas e como temos boas instalacións, ocorréusenos facer isto. Pero tamén estamos nerviosos, esperemos que non pase nada. Os rapaces nin se van tocar, levan a súa propia botella de auga, temos xel hidroalcólico, levan tamén a súa roupa".
Sobre a polémica e o interese doutros clubs e institución, Raúl Vázquez dixo: "Moitos rapaces estaban xa moi cansos de estar na casa. Se facemos vida normal para todo, creo que isto tamén podemos levalo a cabo. Hai clubs que nos chamaron interesándose pola nosa iniciativa. De momento non nos chegou ningunha crítica nin queixa. Se vai ben a proba, remataremos este mes con normalidade e logo veremos se podemos facer o campus que ofertamos cada ano, a ver que di a Xunta, que semella que os está ofertando".