Zona Mixta
David Costas: "este ano démonos conta antes do que nos pode pasar, estamos intentando solucionalo"
O defensa central do Celta David Costas é o primeiro xogador que comparece en sala de prensa dende a derrota co Levante. O descenso é cada vez máis unha posibilidade e por riba, a coincidencia coa cabalgata de reis non axuda a que os seareiros o teñan doado para acudir a Balaídos este domingo.