CRTVG

Buscar

Un País Mundial

Xuntos por Nadal en Matamá

17/12/2019 - 00:27 h

Xuntamos no noso estudio varias xeracións dunha familia galega separada pola emigración. De oito irmáns dunha familia da parroquia viguesa de Matamá, cinco quedaron en Galicia, tres marcharon a Montevideo. É a historia real da que parte a obra "Se fosen turistas levarían gafas de sol", de Limiar Teatro, que pode verse en Santiago e A Coruña ata o 22 de decembro. En escena, netos e netas dos que marcharon e dos que quedaron. 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo