CRTVG

Buscar

Un País Mundial

Venezuela en Galicia: inmigración e retorno

08/10/2019 - 00:09 h

Nos últimos anos incrementouse a chegada a Galicia de persoas procedentes de Venezuela: galegos retornados, os seus descendentes e tamén inmigración sen relación familiar previa. Escoitamos tres historias que corresponden a cada un destes perfís. Rocío Ruiz emigrou a Galicia hai máis dunha década, despois de perder o seu traballo na industria petroleira; agora preside HEVEGA, a Hermandad Venezolana Galicia. Karina González, filla de emigrantes galegos a Venezuela, decidiu emprender unha nova vida en Galicia e cursou un máster a través das bolsas "excelencia mocidade exterior" que concede a Xunta. A súa nai, Rosa García, marchou de Maceda a Caracas e viviu en Venezuela 60 anos, retornada recentemente, vive en Lugo coa filla e as netas. 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí